Chavert Psicología ofrece un curso sobre TEA y sus principales metodologías
Formación 'Introducción al TEA y sus principales metodologías'
Chavert Psicología organiza a súa quinta edición de talleres de habilidades sociais para nenos e nenas cunha periodicidade mensual de febreiro a xuño.
Os talleres de habilidades sociais para nenos e nenas están deseñados para atender as necesidades dos cativos que teñen dificultades na relación e/ou no comportamento. O seu obxecto é proporcionarlles intrumentos para afrontar os seus obstáculos nas relacións sociais nos entornos familiar e escolar, entre outros. Ademais de traballar a expresión das emocións de maneira regulada.
Para alcanzar estes obxectivos, o equipo de Chavert Psicología traballará cun grupo reducido de nenos a adquisición destas habilidades a través do xogo, dinámicas grupais e expresión artística. Buscando sempre os centros de interese dos participantes e centrando a súa intervención nos seguintes puntos:
- Reforzar e potenciar a espera de quendas.
- Manter o contacto visual.
- Desenvolver conversas e facilitar a comunicación non verbal e a atención (dividida, selectiva, sostida, conxunta, etc..).
- Fomentar a expresión e regulación emocional.
Esta intervención realizaráse dende unha perspectiva multidisciplinar, ao estar os talleres dirixidos pola logopeda Jéssica Suárez, a pedagoga Nuria Rodríguez e a terapeuta ocupacional Lorena Cotelo.
CANDO?
Un sábado por mes de febreiro a xuño en horario de mañá, de 11:30 a 13:00 horas. A continuación indícasen as datas concretas: 23 de febreiro, 23 de marzo, 6 de abril, 4 de maio e 15 de xuño.
COMO PODO INSCRIBIRME Ó MEU FILLO/ A?
As inscricións poder formalizarse a través do seguinte formulario. Unha vez recibida confirmación da disposición de praza, deberá realizarse o pagamento no número de conta de Chavert Psicología (ES79 0081 0499 6100 0169 7573) e enviarse o comprobante de pago ao correo electrónico (logopedia2@torredaalgalia.com).
PREZOS?
– Nenos e nenas en xeral: 15€ cada taller ou 60€ para a inscrición en todo o paquete.
– Nenos ou nenas clientes de Chavert Psicología: 12€ cada taller ou 55€ para a inscrición de todo o paquete.
ONDE?
No gabinete de Chavert Psicología (Rúa do Hórreo, 23 na entreplanta en Santiago de Compostela).
Calquera dúbida ou consulta pode solventarse no teléfono 698120653 ou no correo electrónico logopedia2@torredaalgalia.com.