Talleres de creatividade para nenos

Os talleres de creatividade para nenos de Chavert Psicología invitan aos cativos participantes a desenvolver as súas capacidades e a deixar voar a súa imaxinación durante o mes de agosto.
Actualmente a creatividade dos nenos está sendo mermada a causa das novas tecnoloxías, polo que o obxectivo destes talleres é proporcionarlles as ferramentas para o seu desenvolvemento. Un traballo que realizaremos desde diversas áreas como a cociña, o debuxo, as manualidades e o xogo.
Esta actividade, que se desenvolverá no mes de agosto de 16:00 a 19:00 horas, está dirixida a nenos e nenas de 4 a 7 anos. Nela a logopeda Jéssica Suárez e a pedagoga Nuria Rodríguez encargaránse de xerar un ambiente propicio para traballar as habilidades sociais, de resolución de conflictos a autonomía ou a motricidade.

En Chavert Psicología consideramos vital o desenvolvemento das habilidades creativas e de traballo en grupo, polo que na dinámica destes talleres fomentaremos a creación de proxectos conxuntos e o intercambio de ideas. Brindando deste xeito aos cativos a posibilidade de axudarse entre eles e ensinar aos compañeiros, aprendendo a pedir e recibir axuda doutros.
Nestes talleres crearáse un caldo de cultivo perfecto para aumentar as habilidades tanto intra como extrapersoais dos cativos que participen. Un crecemento persoal que lles axudará ao longo da súa vida, pois a creatividade, en ocasións infravalorada…en moitos casos axuda a alcanzar a satisfacción.
RESERVA DE PRAZA
A inscripción pode realizarse a través do seguinte formulario electrónico.
Unha vez recibida confirmación da disposición de praza, deberá realizarse o pagamento no número de conta de Chavert Psicología (ES79 0081 0499 6100 0169 7573) e remitir o comprobante de pagamento por correo electrónico a reeducación@torredaalgalia.com.
PREZO
– Nenos e nenas en xeral: 60 €.
– Nenos ou nenas clientes de Chavert Psicología: 50 €.
LUGAR
No gabinete de Chavert Psicología (Rúa do Hórreo, 23 na entreplanta en Santiago de Compostela). Calquera dúbida ou consulta pode solventarse no correo electrónico reeducación@torredaalgalia.com.

No hay comentarios

Pon un Comentario